• Biografia
  • Audios
  • Videos

Finou no exilio ao que marchara o máis pequeno dos seus fillos, Manuel, logo do asasinato do home. Os outros tres varóns (Victoriano, Pepe e Ramiro) foran obrigados a alistarse no bando franquista, o contrario ás ideas do pai. Víctor Moldes Carro, presidente da Federación Agraria Comarcal e directivo da Federación de Comercio, apoiara a Fronte Popular durante as eleccións de febreiro do 36 e, tras o golpe, agochouse. Elisa, xunto á súa única filla, Chicha, leváballe de comer, ata que un día lle levou tamén a nova: o cura de Lérez, Leandro del Río, prometera que se se entregaba e lle daba cartos á Garda Cívica salvaría a vida.

Víctor Moldes presentouse no mosteiro e o 12 de setembro levárono preso. Porén, de nada serviron os cartos. Foi sometido a Consello de Guerra e o 17 de abril de 1937 foi fusilado e os seus bens, incautados. A pesar do medo, tivo o aceno resistente de denunciar ante o tribunal que o condenaba a extorsión á que fora sometido.

Rematada a guerra en España, os seus fillos traballaron en ultramarinos propiedade dos irmáns Prieto mais acabaron uníndose a Manolo no exilio uruguaio, ao que tamén marcharon Chicha e Elisa. Porén foron volvendo a Galiza pouco a pouco, agás Manolo, que ficou para sempre na terra onde morreu Elisa. Pero a súa descendencia decidiu traer os seus restos a Pontevedra, para que descansara xunto ao esposo que a barbarie lle arrebatara.

Autora: Montse Fajardo

Esta é unha biografía resumida, a completa pódese encontrar no PDF descargable.

Descarga // Elisa Ruibal Cons