Benita Lage Cortegoso

O 29 de agosto de 1936, unha das patrullas nocturnas que andaba a sementar de morte Pontevedra, quitou a Manuel Fernández Núñez da súa casa de Moldes. Non hai papel que amose militancia política ou vinculación sindical algunha. Chegaron pedindo cartos e armas e como Manuel lles dixo que non tiña, levárono e ao cabo duns minutos, Benita Lage Cortegoso xa escoitou os tiros que a estaban deixando viúva. Matárono e deixaron o seu corpo a cincocentos metros da casa.

Daquela, o matrimonio andaba cos papeis para adoptar unha nena, Pura Silva Feijóo ,e aínda que xa non puideron facelo, Benita sempre a criou como a unha filla. Para loitar contra a fame malvendeu as múltiples propiedades que tiñan. Era dona de medio Moldes pero a xente, conta a súa neta Teresa, aproveitouse do desamparo e quedou sen nada por catro chicas.

Nunca falaba do que pasara, pero Teresa lembra ir de nena a San Amaro, pór flores ao avó que non coñecera.

Autora: Montse Fajardo

Esta é unha biografía resumida, a completa pódese encontrar no PDF descargable.

Biografías Relacionadas