S. XIX

En 1895, Luísa Abella chegou a Pontevedra para formar un cadro de declamación infantil e fundar unha compañía. Antes traballara en Cáceres e en Ávila. No Teatro Liceo representou o xoguete cómico entres actos e en verso orixinal de Luís Mariano de Larra titulado “Oros, copas, espadas y bastos”. Nel participaron, entre outras, Aurita Calvo e as irmás Agripina e Peregrina Poza.

Autoría: Etnoga

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email