Elena Amil Soto

En 1920 formou parte dunha representación no Teatro Principal xunto con Herminia Fariña, Elena Malvar e Lola Lerones, entre outras. A velada fora organizada polos funcionarios de Correos de Pontevedra en beneficio dos empregados de Hungría. Pertenceu á Venerable Orde Terceira de San Francisco. Era irmá da mestra Amparo Amil Soto (falecida en 1966). Elena morreu na Residencia Sanitaria de Pontevedra en 1983 aos 84 anos.

Autoría: Etnoga

Biografía de Elena Amil Soto

Descargar

Biografías Relacionadas