Vasquida García

Traballaba como menciñeira nos arredores de Pontevedra, coñecedora das propiedades curativas das herbas mediciñais, exercía o seu labor curando as enfermidades da xente, mais a caza de bruxas organizada pola Inquisición motivou que Vasquida fora detida nos cárceres de Santiago, baixo a acusación de practicar a maxia e a bruxaría.

Durante a primeira detención, con promesa de perdón, autoinculpouse como feiticeira, que tiña pactos co demo.

Lonxe de acadar a indulxencia prometida, as súas declaracións agravaron a condena. Acusada de manter relacións co demo, despois de ser exposta á vergoña pública, foi azoutada, desterrada e ameazada de terribles castigos se continuaba co seu infernal marido.

Numerosas testemuñas denunciárona de novo por manter as relacións. No segundo proceso, en 1579, Vasquida negou as acusacións ante o Tribunal da Inquisición, malia todo, foi declarada autora de supersticións e feiticerías e sufriu diferentes tipos de aldraxes e tormentos.

Autoría: María Xesús Escudeiro

Esta biografía forma parte da Exposición ‘Do Gris Ao Violeta’

Biografía de Vasquida García

Descargar

Biografías Relacionadas