Pontevedra, 24/10/1922 - Madrid, 01/06/2012

María Alicia Crespí González, Marilí, como era chamada na súa familia, triunfou no ámbito das ciencias converténdose na primeira muller catedrática dunha Escola Técnica Superior. Este feito produciuse en 1975, cando obtivo a cátedra de electrotecnia, luminotecnia e técnicas de acondicionamento e acústica na Escola de Arquitectura de Madrid. Especializada no acondicionamento de museos, entre outras entidades traballou como asesora do Museo do Prado e durante as obras de rehabilitación do Louvre, ademais de viaxar por todo o mundo impartindo conferencias. Ata 1984 colaborou coa Junta de Energía Nuclear na área de proxectos e investigación en materia de prevención sobre contaminación en instalacións nucleares.

A pesar de vivir en Madrid, onde faleceu sen descendencia, a científica sempre estivo ligada á súa Pontevedra natal. Exemplo deste vínculo é o seu legado testamentario onde deixou a súa fortuna, valorada en case catro millóns de euros, para repartir entre as Doroteas, Cáritas e o Museo de Pontevedra, ademais do usufruto da vivenda madrileña ao marido e un depósito económico para os irmáns, coa condición de que sexa utilizado na restauración da casa familiar de Loureiro, en Cotobade.

Autoría: Etnoga

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email