Pontevedra, 15/12/1944

Criada nun ambiente familiar entre bastidores, Mirian é filla da tamén pintora Emma Vilanova. En Pontevedra recibiu clases de pintura da man do profesor Rafael Úbeda, completando a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Ao longo da súa carreira, participou en diversas mostras individuais e colectivas por toda a provincia en vilas e cidades como Moaña, Vigo ou Marín, sendo unha das protagonistas da I Bienal de Arte de Pontevedra. En 1969, e con motivo da inauguración das novas instalacións da Asociación Cultura e Arte Santa Cecilia, realizou unha exposición en solitario na que presentou unha vintena de obras ao óleo. Nese mesmo ano tamén expuxo nunha mostra colectiva no “Tronco Club” de Lourizán, sendo a única muller xunto con Elvira Martínez Villa. Ademais, durante case dúas décadas impartiu clases de pintura e de traballos manuais no centro de educación especial de persoas adultas Méndez Núñez, comisariando varias mostras con obras do seu alumnado. Na actualidade reside na Caeira, onde segue pintando, principalmente ao óleo sobre papel, con interesantes series como as dos muíños de auga.

Autoría: Etnoga

Biografías relacionadas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email