Pontevedra, ? - Baiona, 1911

María López Sanmartín estudou piano e pintura, participando en importantes certames pictóricos. Porén, a súa carreira artística truncouse pola repentina morte, falecendo en Baiona en xullo de 1911.

En 1908 participou nunha mostra realizada na Sociedade Económica e ao ano seguinte estivo na Exposición Rexional de Santiago, onde obtivo unha medalla de cobre por unha “corbeille de flores” ao óleo. Nestas mesmas datas agasallou un cadro coa súa irmá Luz para a construción da igrexa de San Salvador de Poio.

Un ano antes do seu pasamento, María tamén participou, igual que outras moitas pontevedresas, na decoración de cintas do concurso ciclista. A súa era de raso branco ao óleo e nela representaba un contratempo nunha carreira ciclista. Sinalaba o xornal Progreso ao respecto que o primor e a arte con que estaba confeccionada era patente xustificación do mérito e mestría indubidable do pincel da súa autora.

Autoría: Etnoga

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email