Tomasa Núñez Fernández

Posuía un piano inglés de Collard & Collard co que, segundo fontes hemerográficas, deu a coñecer en Pontevedra, Galiza e parte de España as sonatas, rondós, scherzos e andantes con variacións do inmortal mestre Ludwig van Beethoven. Ela foi quen lle ensinou a tocar ás súas sobriñas Carmen Babiano e Carmen Sancho. Tomasa, coñecida na familia como Madre Mía, casou en 1816 con José Méndez e instalouse en Pontevedra cara a 1831. Tivo oito fillas, entre elas Soledad Méndez Núñez, propietaria do coñecido como “Palacete das Mendoza”, e Casto Méndez Núñez, almirante.

Autoría: Etnoga

Biografía de Tomasa Núñez Fernández

Descargar

Biografías Relacionadas