Pontevedra, ca. 1933
  • Biografía
  • Audios
  • Videos

“Rayda” iniciouse coa sociedade polifónica en Pontevedra, acadando despois unha bolsa da Deputación para estudar no Conservatorio de Madrid. Finalizou a carreira en 1955 e completou a súa formación en Milán, con Lina Pagliugui. primeira soprano do teatro La Scala. En Italia chegou a interpretar Sonánbula e Don Pasquale nun programa radiofónico da Radiotelevisione Italiana (RAI) no que foi escollida para representar o seu país. Ao seu regreso, estivo dous anos de xira coa compañía do mestre Lloret. En 1956 casou con Manuel Jesús Dios Rodríguez, tamén músico, e aparece nomeada en ocasións como Rayda Lusquiños “de Dios”. Tras casar, renunciou a seguir coa súa carreira fóra de Galiza, entrando primeiro como profesora no Instituto Valle Inclán, onde estivo 40 anos, e tamén na Escola de Música.

Autoría: Etnoga

Biografías Relacionadas
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email