Florentina Lariño Vilas

Florentina era natural da Guarda e filla dun tenente de infantería. En 1927 acadou o título de profesora de piano no Real Conservatorio de Música de Madrid, impartindo despois leccións particulares de solfexo e piano no número 11 da rúa Manuel Quiroga. Máis tarde exerceu como profesora no conservatorio elemental de música. En 1934 casou na igrexa dos Praceres con José Méndez Monroy, funcionario do Banco Pastor e cofundador da revista Spes, aparecendo nomeada a partir da data nalgunhas ocasións como “de Méndez”. En 1960 participou coa soprano Raimunda Lusquiños ilustrando musicalmente unha conferencia do escritor José María Álvarez Blázquez.

Autoría: Etnoga

Biografía de Florentina Lariño Vilas

Descargar

Biografías Relacionadas