Dolores García Villar

Dolores García Villar estudou piano na Sociedade Económica de Santiago, acadando unha medalla de ouro no curso 1884-85. No ano 1913 a prensa xa fala dela como unha distinguida pianista, que ademais impartía aulas particulares na súa casa e a domicilio. En 1915 realizou un acompañamento ao piano na Juventud Antoniana e tamén nunha función benéfica a beneficio da Escola Nocturna de Obreiros gratuíta desenvolvida no Principal, acompañando a Víctor Mercadillo e Silvia Fábregas de Filgueira, con quen tamén actuou nos anos 20. En 1921 pasou a formar parte da sociedade filharmónica de Pontevedra. Dolores faleceu aos 58 anos de idade en xuño de 1928 por causa dunha encefalopatía. Tiña unha filla.

Autoría: Etnoga

Biografía de Dolores García Villar

Descargar

Biografías Relacionadas