Pontevedra, s. XIX - 18/02/1924
  • Biografia
  • Audios
  • Videos

En 1870 participou nunha exposición colectiva organizada no instituto polo profesor Ramón Vives Aynés, pintor catalán afincado en Pontevedra, xunto con outras alumnas, como a súa curmá Carmen Babiano e Juana Ulloa. Presentou unha serie de paisaxes e debuxos de adorno, tanto de pluma como con lapis. Cinco anos despois, na Exposición Rexional de Santiago de Compostela, recibiu unha mención honorífica por dúas paisaxes a lapis, copias de gravados. Ademais, Carmen tamén destacou no eido musical, participando en diversas actuacións nos anos 50 e 60 do século XIX en teatros como o do Teucro ou no Liceo Casino. Así, compartiu escenario con outras pianistas pontevedresas como Regina García, Carmen e Teresa Riestra, co músico Prudencio Piñeiro e mesmo con Pablo Sarasate, cando este tiña só sete anos.

Autoría: Etnoga