Carmen Bethencourt López

Aínda que Carmen Bethencourt López naceu en Madrid, é filla da creadora pontevedresa Luz López Fernández e irmá do profesor de danza Agustín. Aprendeu música da man da súa nai, para continuar despois co mestre e pianista tinerfeño Antonio Lecuona. Cando a familia regresou a Pontevedra a mediados dos anos 50, Carmen recibiu clases do violinista Manuel Quiroga e actuou en Pontevedra, Vigo e Marín. Tras casar, fixou a súa residencia en Madrid, onde faleceu en 1980.

Autoría: Etnoga

Biografía de Carmen Bethencourt López

Descargar

Biografías Relacionadas