Ascensión Barro Cordal

Aínda que era natural de Ourense, adoitaba pasar temporadas en Pontevedra coa familia da súa nai, Matilde Cordal Martínez. Ademais, o seu pai, Luis Barrio Palenciano, foi administrador de correos na cidade do Lérez e en Vigo, polo que a relación coa Boa Vila foi continua. Máis coñecida como Choncha, estudou música na Sociedade Económica de Santiago, acadando en 1903, con só trece anos, o premio Parga de piano, dotado cunha medalla de ouro e un diploma de honra. Así mesmo, foi discípula da reputada pianista pontevedresa Balbanera Pérez. Moitas das súas actuacións lévannos ata Vigo, onde residiu un tempo. Despois de 1909 actuou no Casino de Vigo coa violinista Cristeta Goñi, a pequena Sarasate; no teatro Tamberlick e no Círculo Mercantil. Cara a 1919 casou con Ceferino Maestú Novoa, con quen terá un fillo e unha filla: Ceferino Luís e María del Pilar. En 1938 concedéronlle a matrícula gratuíta para exames libres no Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Vigo por ser familiar dun asasinado, o seu home Ceferino. O seu fillo foi xornalista de Falanxe.

Autoría: Etnoga

Biografía de Ascensión Barro Cordal

Descargar

Biografías Relacionadas