Cangas,01/04/1878 - Madrid, ca. 1960

Sarah foi filla da actriz afeccionada pontevedresa Elisa Couto Salcedo e do leonés Augusto Escarpizo Lorenzana. Estudante precoz, os seus primeiros versos escribiunos sendo unha nena. Segundo recolle El Eco de Galicia, con só 13 anos era mestra de instrución primaria superior, cuxa carreira estudara en doce meses por ensinanza libre con cualificacións de sobresalientes. Indica tamén este xornal publicado en Buenos Aires que aos 16 anos fundou e dirixiu en Pontevedra o Colexio da Purísima Concepción e a revista científico-literaria dedicada á muller El Ángel del Hogar, premiada na Exposición Rexional de Lugo de 1896. Máis tarde fíxose cargo en Vigo dun colexio de “párvulos” de recente creación. Premiada en varios certames literarios e xogos florais, colaborou en varias publicacións de Europa e América. Asinaba moitos dos seus artigos baixo o pseudónimo Margarita del Campo.

Autoría: Etnoga

Biografías relacionadas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email