Xeve, Pontevedra, 1928 - Madrid, 12/04/2003
  • Biografia
  • Audios
  • Videos

Criada coa súa familia na parroquia de Xeve, emigrou a Buenos Aires aos viente anos. Alí estaba xa o seu irmán José, escritor e dramaturgo, a quen se lle debe a introdución no mundo da arte. Na capital arxentina tamén estableceu contacto con Laxeiro, quen a guía e asesora; e cara a 1956 realizou unha das súas primeiras exposicións. Ao regresar a Galiza, seguiron e seguen as súas mostras por diversas galerías e museos de Europa. No ano 1959 casou con Agustín Pérez Bellas, arquitecto e pintor, vivindo entre Vigo, Madrid e Roma. A crítica de arte coincide en sinalar que Mercedes Ruibal tivo un estilo único cunha linguaxe moi persoal e dun mundo que só a ela lle pertence. Xunto á artística, hai que destacar a faceta literaria de Mercedes, cun arrebatado ímpeto creativo en palabras do crítico de Castro Arines. Así, publicou dous libros: Confesiones de una volantinera con bragas de repuesto al dorso (1978) e o poemario Y mi voz es tu nombre (1986). As súas obras forman parte de importantes coleccións como a do Museo de Pontevedra, Afundación, a Xunta ou o Parlamento.

Autoría: Etnoga