Isolina Muíños Búa

Isolina realizou na súa vila natal os primeiros estudos e os da Escola Normal, onde exerceu de docente como Auxiliar Numeraria da Sección de Letras e permaneceu durante moitos anos. En 1914 publicou en Pontevedra o Atlas de Geografía General y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales, con 11 láminas, nas que figuraba o contorno dos mapas, para que fosen completados polo alumnado.

No Prólogo defendeu a necesidade de que o alumnado coñeza e recoñeza os mapas dos diferentes países e “con maior desexo o da súa patria”, por iso a metade das ilustracións están dedicadas a Galiza. Colaborou desde 1917 en El Progreso de Pontevedra. Traballadora incansable sobre o mundo da educación e da pedagoxía, en 1920 tiña en preparación outras obras: Concepto del profesorado por concurso y por oposición e Opinión sobre el tratamiento del adulto y del niño. O seu labor a prol do ensino foi unha constante ao longo de toda a súa vida.

Autoría: Etnoga

Biografía de Isolina Muíños Búa

Descargar

Biografías Relacionadas