S. XIX

Poucos datos hai sobre esta muller que exerceu durante un tempo de fotógrafa en Pontevedra. As únicas referencias veñen da man do seu marido, o fotógrafo Patricio Bocconi Camisani, e do seu fillo Aquiles. Así, en 1878, tralo falecemento do seu home, María e Aquiles continuaron na vila do Lérez co estudo de fotografía. Porén, ao pouco tempo Aquiles trasladouse a Ourense, non habendo máis referencias sobre María.

Autoría: Etnoga

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email