Antonia Vila

Filla de Manuel María de Vila e Mª Concepción Soneira, medrou familiarizada coa arte tipográfica que exercía o seu pai en Compostela. En 1853 casa con Juan Verea Vila, que se integra no obradoiro familiar.

Reclamado a Pontevedra polo Subdelegado de Fomento en 1834 para iniciar a impresión do Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, o pai convértese no primeiro impresor pontevedrés.

Antonia Vila pasa a ser en 1843 a primeira muller que traballou como impresora na cidade de Pontevedra. Por causa da enfermidade do pai, o matrimonio Verea-Vila trasládase a Pontevedra e faise cargo da imprenta ata 1845, ano en que, despois do falecemento do pai, pasa a denominarse Imprenta de los hijos de Don Manuel María de Vila. Amplían o negocio e en 1847 figura como Establecimiento tipográfico, librería y encuadernación de los hijos de D. Manuel María de Vila y compañía. Posteriormente estenden a empresa a Vigo e a Tui co nome de Imprenta de D. Juan Verea y Varela. En 1854 morre o home e Antonia faise cargo en solitario do negocio coa razón social Viuda de Verea Varela.

Malia traballar na empresa desde o comezo, o seu nome ficou sempre invisibilizado; nin sequera aparece no momento de ser a única propietaria, cando a imprenta pasa a chamarse Viuda de Verea Varela.

Autora: Mª Xesús López Escudeiro

Biografías Relacionadas